Saturday 04 de May de 2024

Máis de 120 veciños e veciñas de Frades desfrutaron da Festa do Samaín, que incluíu un magosto no polideportivo de Abellá


Máis de 120 persoas, 80 delas nenos e nenas, participaron esta semana nunha divertida Festa do Samaín organizada polo Concello de Frades no pavillón municipal de Abellá. A festa incluíu obradoiros de máscaras e moitos xogos para as crianzas e rematou cun magosto gratuíto para todas as persoas asistentes. A maiores, todas as persoas que acudiron disfrazadas levaron un agasallo sorpresa.

O Concello de Frades ten previsto un segundo magosto o vindeiro sábado 19 de novembro no parque Tralaeira (local social de Aiazo). A partir das dúas da tarde haberá filloas, chourizos, castañas asadas e música tradicional, así como actividades e xogos para a rapazada. Organizado polo Concello, en colaboración coa asociación de veciños Os Pasos, a participación é de balde, se ben é preciso anotarse antes do 16 de novembro na Casa do Concello ou nos teléfonos: 981 695 567 ou 981 695 663.